Logo de anos de denuncias e promesas incumpridas, todos os seus contidos son accesíbeis na lingua propia do país.
Será "a finais de ano ou principios do que vén", informaban en decembro dende a Presidencia da Deputación de Lugo, departamento que xestiona a web do ente provincial.
Finalmente, despois de anos de 'traballo' e de pasos para adiante e para atrás, cúmprese coa lexislación vixente e todos os servizos son accesíbeis na lingua propia do país.
Atrás queda un vello deseño, estreado en 2004, que naceu e morreu en castelán, malia as numerosas denuncias de colectivos como a Ciberirmandade da Lingua ou a Mesa pola Normalización Lingüística, e unha cantidade non inferior de promesas -incumpridas- ao respecto.