Porén, o candidato do BNG dixo que os controis "non están de máis" para axudar a que haxa limpeza nas votacións da diáspora.
O candidato del BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, considerou nun acto electoral en Arousa, que todos os controis para evitar votacións "irregulares" na emigración "non están de máis", pero reclamou "non darlle máis voltas a esta cuestión".
"Non están de máis (as medidas de control), pero non debe dárselle voltas a un asunto tan penoso, como é a limpeza do voto emigrante", que afecta a máis de 300 mil persoas censadas na emigración con dereito a sufraxio nas vindeiras eleccións, subliñou.
Quintana volveu falar da "necesidade de reformar o voto emigrante"
Deste xeito pronunciouse Quintana, tras coñecerse a última decisión da Xunta Electoral Central (XEC), segundo a cal os consulados poderán expedir o certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular como substitutivo da fotocopia do Documento de Identidade (DI) ou do pasaporte, ou ben do certificado de nacionalidade, documentos que se exixirán por primeira vez nestes comicios.
Con todo, o nacionalista volveu incidir na necesidade de reformar o voto emigrante para que "se produzan o menos escándalos" posíbeis, aínda que valorou "calquera medida" para garantir a súa limpeza.