Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
NORMALIZACIÓN

Feijoo: “Pasamos dun bilingüismo cordial a un monolingüismo innecesario”

Núñez Feijoo, acompañado de Mariano Rajoy, sacou músculo xuntando a perto de 12 mil persoas en Pontevedra.

Redacción - 19:50 14/02/2009
Tags:

O candidato do PPdeG á Xunta, Alberto Núñez Feijoo, volveu falar de cuestións lingüísticas. Nun acto con medio cento de viúvas, o líder conservador comprometuse outra vez a derrogar o decreto de normalización do galego no ensino. Feijoo quere que os nenos poidan estudar no idioma que eles elixan á vez que garantiu a volta á “proporcionalidade” no uso de galego e castelán no sistema educativo.

Poucas horas despois deste acto, que tivo lugar en Compostela, Feijoo protagonizou o seu primeiro gran mitin de campaña en Pontevedra. Diante de perto de 12  mil simpatizantes chegados de diferentes bisbarras e escoltado por Mariano Rajoy, Feijoo comprometeuse a gobernar para todos deixando á marxe “as ideoloxías”.

Para o PPdeG a máxima prioridade é a creación de emprego e a loita contra ao paro. A este respecto, Feijoo chegou a  dicir que: “Non esquezo que o paro non é  unha simple estatística, son máis de 200 mil historias diferentes, como a de meu pai, dramas persoais e familiares, pero tamén historias de cooperación e superación”.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: