Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
UN FILME RARO DE 1979

Flocos estrea 'Emigrante', protagonizado por Ovidi Montllor

Ademais, esta fin de semana o portal do cinema galego subirá á rede cinco filmes gravados na Coruña.

Redacción - 12:15 14/02/2009

O cineclube do audiovisual galego, Flocos.TV, inclúe no seu catálogo de filmes o ciclo 'A Coruña... de cine', unha iniciativa realizada nos anos noventa e que tivo por resultado a rodaxe de oito longametraxes en 35 mm coa cidade herculina como espazo da acción e tamén como protagonista. Das oito pezas que formaron parte do proxecto, o portal do cinema galego subirá á rede esta fin de semana 5 creacións: 'A repesca' de Sandra Sánchez, 'La vida es un dolor' de Lluís Liste, 'Cuba Libre' de José Luís Ducid, 'Gran liquidación' de Jorge Coira, e 'Coruña imposible', de Paco Rañal.

Estas películas realizáronse no ano 94 grazas a unha iniciativa da Concellaría de Cultura da Coruña e da Escola de Imaxe e Son, unha idea pioneira que quería converter á cidade en materia de creación, ao converterse no escenario onde transcorre a acción e tamén en personaxe central da historia.

Emigrante
Na súa labor de recordo e difusión do noso amplo pero pouco coñecido panorama audiovisual, Flocos.TV oferta unha auténtica xoia cinematográfica, o filme Emigrante. Trátase dunha singular e pouco coñecida peza cinematográfica producida nas terras de Caldelas en 1979, producida e editada por Olegario Sotelo Blanco, quen conta co protagonismo do cantautor Ovidi Montllor, interpretando a un mozo ourensán que ten que emigrar a Europa.

Asemade e co galo de San Valentín, Flocos.TV oferta unha das escasas incursións do audiovisual galego no xénero da comedia romántica, neste caso Bilingüe, dirixida pola nova creadora galega Cecilia Perolio no 2007.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: