O PSOE traballa nun documento que fixa en 16 anos a idade para ter autonomía plena para decidir.
Unha lei de prazos que flexibilice a interrupción do embarazo no Estado Español está cada bez máis perto. Segundo adiante este xoves o xornal madrileño El País, o PSOE ten elaborado xa a proposta que vai levar ao parlamento español. Na mesma propúgnase unha lei de “prazos e indicacións”. Así xa se dá por feito que durante as primeiras 14 semanas todas as mulleres poderán interromper o seu embarazo sen ningún tipo de condicionante, agás o de ter cumprido os 16 anos. No caso das menores desta idade terán que contar co permiso familiar e de expertos.
Haberá un segundo prazo, de até 22 semanas, nos que se poderá abortar baixo unha serie de premisas: malformación do feto ou grave perigo físico ou psíquico para a muller. A proposta socialista non atende ás peticións de que o aborto sexa posíbel en calquera momento da xestación sempre e cando se descubra que o feto non é viábel.