Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DESCÁRTASE A FRATURA DE CLAVÍCULA

Raña sofre unha caída grave no día da súa estrea

O de Ordes sufriu unha caída na primeira etapa da Volta a Mallorca e está sendo explorado nun hospital de Palma polas fortes dores que sofre no ombreiro dereito.

Redacción - 18:30 08/02/2009
Raña non tivo sorte na súa estrea como ciclista

Raña non tivo sorte na súa estrea como ciclista

Iván Raña comeza con mal pe o seu paso polo ciclismo profesional, cunha caída que podería telo varias semanas fora das estradas. O de Ordes tomaba a saída na primeira carreira do 2009 para o Xacobeo Galicia, a Volta a Mallorca, e sufriu unha caída que o obrigou a deixar a carreira. As fortes dores que sufría Raña fixo que ao principio se pensara nunha fractura de clavícula, mais despois das primeiras exploracións queda descartada calquera fractura ósea. Así, segundo nos contou o director do Xacobeo en carreira, José Ángel Vidal, o ordense está sendo explorado a esta hora polos médicos do hospital Son Llatzer para avaliar se as dores responden a unha luxación ou problemas nos tendóns do seu ombreiro.

Raña tivo que abandonar a carreira despois dunha caída colectiva a falta de dúas voltas para o final na que levou a peor parte. As fortes dores obrigaron a que fora evacuado rapidamente en ambulancia e fixeron pensar na rotura da clavícula. Cando se coñeza o resultado o equipo decidirá que facer, xa que ao ser unha carreira de varios días en formato challenger o ordense podería deixar de tomar a saída na etapa do luns e reincorporarse o martes para loitar polas etapas aínda que a súa participación xa non contaría para a vitoria final.

A etapa foi para Geert Steegmans

O gañador da etapa foi o belga Geert Steegmans, do equipo Katusha, impoñéndose nun final apertado ao seu compañeiro de equipo Robbie McEwen. A etapa discorreu sobre un circuíto urbano de 116 quilómetros e o vencedor empregou dúas horas, 35 minutos e 42 segundos en cubrir o percorrido.

Gustavo Domínguez foi o primeiro clasificado do Xacobeo, entrando na meta na 26ª posición co mesmo tempo que o gañador. No mesmo tempo entraron Eduard Vorganov (36º), Iban Mayoz (43º), Marcos García (68º) e Juán Mourón (70º). Peor sorte tiveron Vladimir Isaychev (103º), Alejandro Paleo (108º), Pedro Hermida (133º) e Héctor Espadasín (144º); que entraron no segundo gran grupo, a 15 segundos dos primeiros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: