Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOITA CONTRA A PEDOFILIA

Detido un veciño de Arteixo por distribuír pornografía infantil na rede

Na mesma operación, a policía tamén arrestou a outros dous homes en Madrid e Barcelona. Outro presunto pedófilo de Ourense foi tamén imputado

Europa Press - 13:10 31/01/2009

Axentes de policía detiveron tres persoas en Madrid, Sant Celoni (Barcelona) e Arteixo (A Coruña) e outra foi imputada en Ourense por tenza e distribución de pornografía infantil a través de Internet, segundo informou hoxe a Xefatura Superior de Policía de Madrid. Os axentes practicaron un total de catro rexistros domiciliarios nos que se interviu diverso material informático, así como grande cantidade de arquivos de contido pedófilo.

En concreto, a policía detivo tres persoas de 52, 56 e 63 anos, respectivamente, unha vez identificados os domicilios dende onde se estaban a distribuír os arquivos. Un dos detidos atopábase descargando arquivos con pornografía infantil no momento en que os axentes entraban no seu domicilio.


0/5 (0 votos)