Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Touriño xustifica a caída de Villarino pola busca de "alguén máis novo e con máis recorrido"

"Son unhas boas listas, equilibradas e que nos deben permitir afrontar a lexislatura de forma equilibrada en tempos de crise",asegurou o líder do PSdeG.

Redacción / Europa Press - 09:00 19/01/2009
O oco para Abel Losada na lista do PSdeG-PSOE deixou fóra a Dolores Villarino

O oco para Abel Losada na lista do PSdeG-PSOE deixou fóra a Dolores Villarino

A procura dunha persoa "máis nova e con máis recorrido" foi a escusa argumentada por Emilio Pérez Touriño este domingo nos micrófonos da Cadena Ser para xustificar a saída da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, das listas do PSOE para as próximas eleccións. Pérez Touriño explicou que ese foi o motivo de que a agrupación local dos socialistas de Vigo teimase da supresión de Villarino.

"Os compañeiros de Vigo apostaron por unha persoa máis nova, máis moza, con máis percorrido nesa renovación", dixo. "Son unhas boas listas, equilibradas e que nos deben permitir afrontar a lexislatura de forma equilibrada en tempos de crise", engadiu ao respecto. Por outra parte, reflexionou que a súa formación non dixera anteriormente que todos os conselleiros fosen formar parte das candidaturas. "Están todos os que deben estar", dixo, "xunto a min hai un bo equipo, con Mar Barcón e María Xosé Caride, e Ricardo Varela e Pachi Vázquez, creo que é un equipo paritario de igualdade con moito percorrido de futuro". "Ao conselleiro de Economía nunca o vin, e el tampouco, nas listas, e de súpeto propágase esta cousa, pero eu creo que os cidadáns non lle dan importancia", afirmou ao respecto dos ruxerruxes dos últimos días.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: