Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN LALÍN

Fraga reaparece este domingo diante dun milleiro de gandeiros

A precampaña do Partido Popular tamén contou coa presenza da súa secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, quen criticou ao goberno bipartito.

Redacción - 12:00 18/01/2009

Inmersos na carreira para os vindeiros comicios de marzo, o Partido Popular presenta este domingo o seu programa agrario ante un milleiro de gandeiros en Lalín. A esta cita sumarase o senador e presidente fundador do PP, Manuel Fraga, quen acompañará a Alberto Núñez Feijoo e ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo.

Mentres, este sábado tamén recalou en Galiza a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, quen asegurou que co candidato popular, Galiza "volverá ser unha comunidade de primeira división" e "deixará de ter que mendigar o financiamento autonómico". Ademais, criticou a xestión do goberno bipartito e a do executivo estatal, subliñando que "durante o goberno do Partido Popular, o Estado Español creaba dous milleiros de postos de traballo ao día, mentres que agora hai tres millóns de parados".


Ligazóns

2/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: