Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O auditorio terá teito de cristal

O futuro auditorio que se levantará no Cuartel de San Fernando estará coroado por unha grande praza cuberta con teito acristalado. Este é posiblemente o elemento característico do proxecto gañador do concurso de ideas convocado polo Concello, e que está asinado polo xove arquitecto lucense Marcos Parga.

- 11:42 24/03/1999
Tags:

O proxecto conserva tres fachadas do Cuartel e parte do patio, correspondendo o meirande peso da actuación sobre a parte posterior do solar. A capacidade do auditorio será de 1.100 persoas, nunha disposición circular que permitirá unha distancia máxima do esceario de 25 metros.

O esceario ocupará 200 metros cadrados e ademáis dese espacio haberá Biblioteca, Fonoteca, Videoteca e Hemeroteca. Dende o vestíbulo poderáse acceder a unha praza cuberta duns 720 metros cadrados na que se poden organizar representacións alternativas e que terá un efecto de linterna ó estar acristalada nos seus laterais e na metade do teito, que estará un metro e medio por riba do nivel actual das fachadas.

O efecto que se pretende dar ó edificio é o dun "faro cultural"", potenciado por atoparse na parte máis elevada do recinto amurallado, aínda que arredor seu hai edificacións máis altas. O presuposto estimado para a construcción do edificio é de 750 millóns de pesetas, cos que correrá case na súa integridade a Xunta de Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: