Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
RAÑA PRETENDE MANTER O CONTACTO CO TRIATLÓN

“Gómez Noya reclámalle á federación algo que lle corresponde por dereito”

O versátil deportista tamén falou dalgúns dos temas que compoñen a actualidade do triatlón.

Pablo García Martínez - 10:57 11/01/2009

Na túa presentación falabas da posibilidade de compaxinar o ciclismo co triatlón. Mantés aínda esta intención?
A idea é facer algún triatlón no verán, mais sempre que non coincida coa planificación do equipo. Agora só penso no ciclismo pero a longo prazo si que me gustaría manter o contacto co triatlón, ca intención a poder estar nos Xogos de Londres.

Serían os teus cuartos xogos olímpicos. Contas realmente con estar alí?

Teño moitas ganas, xa se verá o que pasa. Cada Xogos Olímpicos que corrín paseino mellor. Nos últimos desfrutei moito do ambiente, fixen máis vida cos deportistas e coñecín de verdade o espírito olímpico do que tanto se fala. Cos anos pásalo mellor, afrontas a carreira con menos presión, e teño claro que estar nos meus cuartos Xogos Olímpicos sería un grande premio.

Pensas en participar nalgunha carreira das series mundiais, formato de competición que se estrea o 10 de maio en Singapur?
Co novo sistema das series mundiais só corren 50 triatletas en cada carreira e, como se fai por primeira vez, a ITU fixo unha lista de 10 corredores que terían dereito a participar nas carreiras sen ter que realizar ningunha carreira de clasificación. Eu estou incluído nesta lista e iso facilitaríame as cousas, mais repito que de correr nalgunha carreira sería sempre que non coincidira coa planificación que o Xacobeo prepare para min.

Que pensas do enfrontamento que mantén Gómez Noya coa federación estatal á volta dos patrocinios?
Eu estou de acordo co que reivindica Xavier e, de feito é algo que vimos reclamando dende fai tempo. O que fai diferente a situación actual é que agora quen ameaza con plantarse non é un calquera, senón o campión do mundo. A federación debería entender que o triatlón non é un deporte moi profesionalizado e para o atleta son moi importantes os patrocinios, que nos permiten traballar con tranquilidade. Nun deporte tan duro como este non hai segredo: se traballas chegan os resultados, e a seguridade económica que nos ofrecen os patrocinios permítennos traballar nas mellores condicións tanto a nivel de motivación como de medios técnicos. Non se está protestando por vicio, reclámase algo que corresponde aos triatletas por dereito. Ademais non se xoga só co presente do triatlón, tamén están poñendo en perigo o seu futuro porque, por desgracia, dar á sociedade esta imaxe de pouca profesionalidade contribúe a que todos os rapaces queiran xogar de maiores a deportes como o fútbol.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: