Inclúe como novidade os plans estratéxicos, obrigados para cada petición, onde se especifican as contías e os prazos.
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, describiu o novo regulamento da Lei de Subvencións de Galiza, após terminar o primeiro Consello da Xunta deste ano. Segundo dixo, "garante a maior transparencia e eficacia na xestión das axudas públicas".
Touriño tamén salientou a principal novidade que se incorpora a esta lei: os plans estratéxicos de subvencións, un instrumento que se ha aplicar a todas as áreas do Goberno que dependan dos orzamentos do mesmo, e servirá para describir os obxectivos concretos da axuda, a contía desta ou a medición dos efectos que se queren acadar, os prazos para a súa consecución e os indicadores que permitan o seguimento dos obxectivos para facilitar o seu control.
Os novos planos estratéxicos
No novo regulamento desenvólvense os plans estratéxicos previstos, unha figura que as consellarías e os organismos e entidades dependentes ou vinculados ao Goberno están obrigados a elaborar, e que deberán conter a totalidade das liñas de axudas previstas e manteñan coherencia coa planificación orzamentaria. Con eles quérese asegurar que o diñeiro público se enfoque á realización das estratexias de gasto previstas, e non que se derive a obxectivos secundarios non prioritarios na acción da Xunta.