Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comezan as rebaixas

A rañar nos petos na procura dos mellores saldos en tempo de crise

Con previsión de gasto medio de 105 euros por cabeza, comeza este mércores nos estabelecementos comerciais o tempo de rebaixas.

Redacción / EP - 09:00 07/01/2009

Logo de apurar os euros entre paparotas de Nadal e agasallos polo día de Reis, as tendas do país animan desde este mércores os cidadáns a espremeren outro chisco extra os petos coas rebaixas que, en tempo de crise, medirán ademais outra vez a temperatura económica a pé de rúa.

Segundo a estimación da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI), en Galiza o gasto medio será de 105 euros por consumidor. Os comerciantes prevén ademais descontos por riba das porcentaxes habituais, que, no caso da zona vella de Santiago de Compostela, se estiman entre o 50 e o 70%. Tomando o exemplo da capital do país, a asociación Compostela Monumental calcula que cada santiagués destinará ás rebaixas unha media de 114 euros e o 71% dos clientes adquirirá roupa, segundo unha enquisa da Federación de Comercio de Santiago e Bisbarras. Así e todo, o desembolso previsto será segundo estas cifras un 15% inferior ao rexistrado no 2008.

Os comercios da zona vella da capital galega atribúenlle ese descenso á crise e á necesidade dos clientes de "amarrárense o cinto" tras os gastos de Nadal. Na opinión do xerente de Compostela Monumental, Xosé Anxo Blanco, os estabelecementos composteláns salvaron a recta final do ano co que cualificou dos "mellores resultados de Galiza" no pequeno e mediano comercio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: