Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CINCUENTA ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN

Raúl Castro: “Debemos prepararnos para outros cincuenta anos de loita”

O presidente cubano advertiu que os EUA seguen a ser o principal inimigo da illa.

Redacción - 10:20 02/01/2009

Santiago de Cuba acolleu os actos centrais do cincuenta aniversario da Revolución Cubana. Diante de milleiros de persoas, o presidente, Raúl Castro, leu un discurso que xirou arredor dos lemas máis clásicos. Un dos núcleos centrais da intervención foi as relacións cos EUA. Logo de lembrar os intentos de invasión pasados e o bloqueo que aínda perdura, Castro advertou que o país veciño segue a ser a maior ameaza que ten o sistema cubano.

Aínda que asegurou que a Revolución “é hoxe máis forte ca nunca”, o máximo dirixente comunista foi moi claro: “Debemos prepararnos para outros cincuenta anos de loita. Ao vermos o mundo contemporáneo consideramos que non serán fáciles os tempos”. Na súa intervención tamén lembrou a Fidel: “Un individuo non fai a historia, pero hai homes imprescindíbeis, capaces de influir no seu curso e Fidel é un deles. Isto recoñéceno, incluso, os seus inimigos máis acérrimos.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: