Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia do colectivo Vento Noso

UUAA láiase do escaso beneficio para os propietarios dos terreos onde irán os eólicos

Critican os furados do proceso e avisan de que as porcentaxes que ingresas os donos dos terreos noutras zonas da UE son ben maiores dos que fixa a Xunta.

Redacción - 09:00 31/12/2008

Á galería de críticas pola recente resolución eólica apuntouse tamén este martes o sindicato Unións Agrarias (UUAA). A través do colectivo Vento Noso, asociación nada para a defensa dos propietarios de solo e vinculada a esta organización agraria, UUAA carga contra a pequena porcentaxe, entre o 1 e o 3%, que o Goberno fixou para a remuneración dos terreos. Segundo explicou Xosé Antonio Diéguez, presidente de Vento Noso, os chamados contratos de adhesión "só benefician os grupos empresariais".

Por este motivo, Unións considera que a situación está no gume da "fraude", e quéixanse de que da cesión media gratuíta ao INEGA do 14,5% da potencia do concurso, á súa vez apenas un un 5,8% desa porcentaxe se lle vai trasladar aos concellos a través da Fegamp e só será un 1,4% o destinado ás comunidades de montes veciñais (CMVMC). Trátase, din desde o sindicato, dunha "clara discriminación con respecto ao resto dos propietarios". UUAA defende desde hai tempo que o negocio eólico deixa marxe suficiente para que os propietarios dos terreos reciban "até un 10%". Subliñan ao respecto que se trata da media do que noutros países da Unión Europea están recibindo os propietarios.

Outra importante queixa exposta por Vento Noso é a definición do chamado "terreo eólico", considerado como aquel onde é rendíbel instalar un parque de muíños porque o vento sopra coa potencia axeitada un número suficiente de horas ao ano. Advirten desde o colectivo de que, á hora das expropiacións, no canto de seren valorados economicamente en función desa capacidade de xerar enerxía eléctrica, son valorados polo seu valor como solo rústico, podendo ser captados así por cantidades moito menores ao seu valor real.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: