Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comezará o proceso de cero

Feijoo anulará a resolución eólica se consegue o poder en marzo

O líder do PPdeG insiste nas críticas ao que cualifica do movemento de "maior transcendencia económica feito por un goberno da Xunta".

Redacción - 13:50 27/12/2008

"Foi unha decisión tomada unilateralmente pola Consellaría de Innovación e Industria", avaliou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, ao respecto da resolución eólica coñecida este venres. Feijoo criticou que fose presentada coa presenza do vicepresidente, quen compareceu, na opinión do líder popular, "exercendo competencias que non lle corresponden porque non forma parte da comisión de avaliación". O popular cualificou de "opaco" e "parcial" o proceso e dixo ver manobras especulativas arredor.

Asegurou Núñez Feijoo que no caso de que as urnas o favorezan comprométese a "anular e deixar sen efecto" o concurso en canto sexa investido presidente. Segundo explicou, o PP ten a intención de recomezar un proceso que consideran "o movemento de maior transcendencia económica feito por un goberno da Xunta en 27 anos de autonomía". Unha adxudicación que, dixo Feijoo, "será unha decisión de Goberno, en ningún caso dun membro do Goberno que non ten ningunha competencia", en referencia á presenza do vicepresidente, Anxo Quintana, no anuncio dos proxectos admitidos a trámite, "ou dunha comisión de avaliación onde o 50% desconfía do outro 50%".

Feijoo tamén cargou contra o papel do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, neste proceso, acusándoo de ser "incapaz de resolver o conflito". Na súa opinión, producíronse "dous escándalos", o político e a "omisión" de funcións do presidente da Xunta. "Galiza dende onte non ten presidente, ten simplemente un simple ocupante da presidencia, sen capacidade, sen autoridade e renunciando definitivamente ás súas competencias estatutarias de coordinar e dirixir ao seu goberno, opinou Feijoo.


1/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: