Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resolución eólica

Empurrón ao "gran proxecto lácteo" do país

"É a primeira vez que os propietarios do solo e das explotacións lácteas ven recoñecido os seus dereitos a participar no desenvolvemento do país", felicitan as cooperativas.

Redacción - 17:45 26/12/2008

O impulso dun "gran proxecto lácteo", o xerme do que será un grupo leiteiro autóctono, é a iniciativa estrela asociada á concesión de 192 megavatios á sociedade Ventos Cooperativos. A empresa recibe autorización para catro parques eólicos de 48 MW cada un deles. Atrás do proxecto están as cooperativas leiteiras Feiraco, Icos, Irmandiños e Colaga, que en conxunto reúnen a representación de máis de dez milleiros de explotacións agrogandeiras no país.

"Este é o maior exemplo de redistribución de riqueza en Galiza", subliñan desde as cooperativas promotoras. Alén do grupo leiteiro, propoñen outros proxectos ambientais e enerxéticos sustentábeis, así como a creación do chamado Instituto de Desenvolvemento do Campo. De xeito concreto, desde Feiraco apuntan que se trata dun inédito recoñecemento "do papel no desenvolvemento de Galiza" dos propietarios de explotacións rurais que veñen traballando en favor do mantemento e conservación do territorio.


4,71/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: