Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un xornalista iraquí

Arrebólalle os zapatos a Bush e chámalle "can"

Foi durante a conferencia de prensa en Bagdad onde o presidente dos EUA teimou en que a invasión de Iraq foi "necesaria".

Redacción - 09:00 15/12/2008

"Velaquí tes un bico de adeus, can", berroulle un xornalista iraquí a George W. Bush, ao tempo que lle guindaba os zapatos. Logo de que o presidente estadounidense esquivase os proxectís e mentres o sacaban da sala as forzas de seguridade, o informador aínda tivo tempo de acusalo de ser "responsábel da morte de milleiros de iraquís".

O episodio produciuse durante a conferencia de prensa que Bush deu despois de reunirse co presidente iraquí, o curdo Ialal Talabani, e cando estaba á beira do primeiro ministro, o xií Nuri al Maliki. Nese acto, o presidente dos EUA insistiu en definir de "necesaria" a guerra que impulsou na zona, e xustificou a invasión do país unha vez máis na escusa da presunta "seguridade de América, esperanza dos iraquís e paz no mundo".


4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: