Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rifa parlamentaria

Entre sardiñadas, pasaportes e "prácticas mafiosas": voto emigrante sen amañar

Enésimo cruce de acusacións entre as formacións políticas, mentres á porta dos comicios o voto do censo exterior permanece coas sombras de hai catro anos.

Redacción - 09:00 04/12/2008

"Xa que non haberá voto en urna polo veto do PSOE, cando menos para mellorar as garantías do voto dos residentes galegos no exterior, os emigrantes debe aportar o pasaporte ou o DNI como se fai en Galiza", apuntou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, este mércores no Parlamento. Segundo a interpelación do líder popular ao presidente da Xunta, a medida poderíase aplicar nas próximas eleccións con só modificar "o Real Decreto 605/1999" e sería, aseguran, unha "garantía" dos electores da emigración para evitar que outros voten por eles.

A idea foi recibida con belixerancia desde os escanos do PSdeG xa que, segundo recordou a voceira en materia de Emigración dos socialistas, Marisol Soneira, hai proba de que o propio presidente da Deputación de Pontevedra, o equipo do popular Rafael Louzán, fotocopiou o pasaporte de varios emigrantes "en sardiñadas previas ás eleccións municipais de 2007". Por este motivo, Soneira acusou a Núñez Feijoo de ser "alumno avantaxado" do que definiu de "prácticas mafiosas" do presidente provincial pontevedrés do PP.

"Cando o PP gobernaba nunca cuestionou a limpeza e a transparencia dos votos dos residentes no exterior", retrucou a voceira socialista. Mentres, o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, atribuía a proposta de Feijoo a que "sabe que o PP vai perder as eleccións, aquí e alá".


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: