Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prognóstico de gasto

Os petos máis minguados: 752 euros por familia en Nadal

No conxunto do Estado, as familias galegas serán as que menos gasten en tempo de Nadal, segundo un estudo da Federación de Consumidores Independentes.

Redacción - 09:00 04/12/2008

Un total de 212 euros para mercar agasallos e 233 euros para atenderlle ao bandullo. En total, sumándolle lecer (190), lotaría (117) e outros desembolsos menores, serán 752 euros de media os que as familias galegas din ir gastar en tempo de Nadal. Os números saen da enquisa realizada en todo o Estado pola Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI).

A cifra do noso país é de feito a máis pequena a nivel estatal, e queda 62 euros por baixo da media do que os consumidores afirman que gastarán como media no conxunto do Estado. Un chisco por riba de Galiza aparecen os gastos respectivos das familias de Canarias (764), Castela-León (779), Aragón (783) e Estremadura (785 euros). No outro extremo, os fogares de Madrid (881), Valencia ( 872) e Cataluña ( 841) serán os máis gastadores.

Segundo agoiran desde a FUCI, a conxuntura económica provocará que por primeira vez na última década baixe o consumo familiar no Nadal. Así, este 2008 redúcese nun 6% con respecto ao Nadal anterior. Agasallos e actividades de lecer serán onde as familias lle metan máis a tesoira aos gastos previstos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: