Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EXPLOTACIÓNS LÁCTEAS

Os gandeiros con débedas recibirán axudas a partir de xaneiro

Medio Rural estabelecerá unha liña de financiamento a través do IGAPE que permitirá aos produtores refinanciar a débeda derivada da compra de cota de produción.

Redacción - 19:30 03/12/2008

Darlle estabilidade ao sector lácteo e abrirlle un novo horizonte na actual conxuntura de preocupación. Este é o obxectivo que se marca a Consellaría de Medio Rural, que ven de presentar unha liña de financiamento, que se arbitrará a través do Instituto Galego de Promoción Económico (IGAPE). Segundo explicou o conselleiro Alfredo Suárez Canal esta medida permitirá ás explotacións lácteas en dificultades refinanciar a débeda derivada da compra de cota de produción, de xeito que os gandeiros disporán dun ano de carencia para asumir os seus pagos.

Primeiros contratos homologados
Doutra banda, o conselleiro felicitouse da sinatura dos primeiros contratos homologados de compravenda de leite de vaca, o que considerou un "fito histórico". Falou de "medio cento" de documentos que garanten a recollida de leite aos gandeiros durante os seis meses de duración do acordo e eliminan así a súa preocupación polo comportamento dos prezos, xa que "asegura unha cantidade estábel até febreiro".

Suárez Canal subliñou que estes contratos farán superar "unhas relacións anacrónicas entre industria e produtores", aínda que recoñeceu que, de momento, "os primeiros pasos son difíciles". Ademais, engadiu que Medio Rural concederá bonificacións significativas ás empresas que asinen este tipo de documentos con máis do 50% dos que lles abastecen.

Pago único
Finalmente, o conselleiro recordou que o 95% dos produtores leiteiros percibirán este mes as cantidades correspondentes ao pago único da Política Agraria Común (PAC), que se distribuirán entre os 60 e 70 millóns de euros asignados a Galiza. Ademais, sumaranse as bonificacións para os máis de 1.800 gandeiros que mercaron cota da Reserva Nacional na última campaña, o que achegará unha media de 1.274 euros a cada un.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O vindeiro ano o IGAPE prestará axuda aos gandeiros endebedados
O vindeiro ano o IGAPE prestará axuda aos gandeiros endebedados
O Conselleiro de Medio Rural adiantou que xa se asinaron "medio cento" de contratos homologados
O Conselleiro de Medio Rural adiantou que xa se asinaron "medio cento" de contratos homologados