A asociación estudantil publica un comunicado na súa páxina, onde informa destas multas que suman un importe de 2.400 euros.
O Sindicato de Estudantes emitiu un comunicado na súa páxina web criticando as multas impostas a catro estudantes polo corte do tráfico producido despois da manifestación convocada o pasado día 13 en Pontevedra. Os catro mozos, todos estudantes de bacharelato e ciclos formativos, recibiron multas valoradas en 650 euros, polo que suman un importe de 2.400.
Segundo a organización estudantil ningún dos catro rapaces participaron no corte do tráfico. Así, no seu comunicado van máis alá, ao afirmar que algún de eles mesmo tratou de disuadir ás persoas que estaban a cortar o tráfico.
No comunicado deixase clara a postura do sindicato, que ve claras motivacións políticas detrás de estas multas. A asociación de estudantes fala dun "feito sen precedentes e propio do franquismo".