O que pasaba por ser un dos bancos máis poderosos do mundo, e inminente comprador da autoestrada galega, precisará da atención do goberno estadounidense.
Apenas como unha faragulla para o xigante financeiro mundial aparecían desde hai días as autoestradas de Galiza, que vían como Citigroup se dispón a apañar a infraestrutura a conto da debilidade da construtora Sacyr. Unha transacción que deixa ademais en perigo as ampliación da A9 neste contexto de crise económica.
Paradoxalmente, Citogroup, que xa viña axitando o mercado entre outros co anuncio de despedimentos masivos en todo o mundo, redución a curto prazo do seu cadro de persoal e 50 mil persoas, aspira agora á inxección económica do goberno estadounidense. Con 200 millóns de clientes, a que hai apenas dous anos era a principal entidade do planeta no sector segundo a súa capitalización bolseira, e que descendeu ao décimo posto a velocidade récord, afronta horas baixas. O Departamento do Tesouro dos EUA anunciou o investimento de arredor de 16.000 millóns de euros no grupo, un plan co que pretenden afortalar a entidade e recuperar a confianza dos mercados nela. O proxecto garantirá protección contra perdas sobre uns 240.000 millóns de euros, en concepto de préstamos e avais, nunha operación despregada fronte ao temor dun sinistro financeiro como o protagonizado hai dous meses por Lehman Brothers.
Recomendámoslles ampliar no New York Times, que adiante este luns os detalles do plan de rescate do Citigroup.