Agoiran que o seu aumento (un 1% cada ano até 2015) vai axudar ás explotacións francesas, en detrimento das do país.
Aínda que a cota dos produtores galegos de leite aumente -un 1% cada ano, e até 2015, cando se extinga, segundo a último acordo do Consello de Ministros de Agricultura da UE-, tamén o fará a cota de, por exemplo, os gandeiros de Francia, o primeiro produtor de leite en Europa, e, con ela, a a forza da súa competencia.
Este é o principal argumento que esgrimen os sindicatos agrarios galegos para criticar os acordos sobre a PAC aos que se chegou na madrugada desta quinta feira, en Bruxelas, nos que, pensan, se perdeu unha moi boa oportunidade de pelexar polos intereses do sector agrario do país. Neste sentido, culpan ao Ministerio de Agricultura de non pelexar por un aumento diferenciado das cotas entre os países, para protexer o noso sector, xa que, co novo sistema, os países que máis produzan han aproveitar outros mercados para colocar os seus excedentes, prexudicando os produtores de leite do país.