Os dous grupos actúan este venres en Vigo, o primeiro de seis concertos que os levarán a Lugo, Ordes, Ponteareas, A Coruña e Ourense.
O verán xa vai alá, e tamén o A Polo Ghit 2008, pero a música continúa, e os dous grupos gañadores do certame andan de xira. A xira do A Polo Ghit levará a Boy Elliott e a Skandalo GZ por seis salas do país nas vindeiras semanas, comezando este venres en Vigo e pechando as actuacións en Ourense a mediados de decembro. O rock independente de Boy Elliott ou o punk e o ska de Skandalo GZ, nunha xeira de actuacións organizada polo Extrarradio da Radio Galega e máis pola Agadic.
Programa de concertos
Venres, 21 nov. Fábrica de Chocolate (Vigo)
Sábado, 22 nov. Pub Clavicémbalo (Lugo)
Sábado, 29 nov. Pub Badulake (Ordes)
Venres, 12 dec. Salón Parroquial (Ponteareas)
Sábado, 13 dec. Pub Garufa (A Coruña)
Sábado, 20 dec. Café Cultural Auriense (Ourense)