Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS NA CNN

A piques de deixar a presidencia, Bush admite erros na súa política exterior

Por vez primeira nos seus oito anos de mandato, o presidente de EUA asegura arrepentirse de determinadas decisións.

Redacción - 08:50 12/11/2008
As rectificacións foron máis de forma ca de fondo

As rectificacións foron máis de forma ca de fondo

Cando xa lle faltan poucas semanas para deixar de ser presidente dos EUA, George W. Bush acaba de facer unhas declaracións pouco habituais. Logo de oito anos negando calquera erro, o máximo mandatario norteamericano recoñeceu nunha entrevista na CNN que hai cousas das que se arrepinte.

Bush admite erros na súa política exterior. Por un lado, asegura arrepentirse de ter pedido que se capturase a Osama Bin Laden “vivo ou morto” e tamén ter dado por concluída a guerra de Irak o 1 de maio de 2003, cando dixo “misión cumprida”. Porén, neste último caso sostén que se malinterpretaron as súas palabras.

Agora quere meterse a escritor


Cal vai ser o futuro de George W.Bush? Aos seus 62 anos de idade ten claro que quere retirarse definitivamente en Texas. Mais, o que para moitos é un dos peores presidentes da historia de EUA, quere deixar constancia do seu paso polo poder: “Quero que a xente saiba de verdade o que é estar sentado na Oficina Oval”. Para iso anuncia un libro de memorias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: