Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suárez García e Alonso Ríos

Chegan á casa os corpos dos militares galegos mortos en Afganistán

Representantes institucionais da Xunta e do Estado participaron nun acto relixioso na súa honra.

Redacción - 14:30 11/11/2008

Xa están en Galiza os corpos dos militares Xoán Andrés Suárez García -natural de Mieres (Asturias) mais residente en Carballo dende hai dez anos- e Rubén Alonso Ríos- nado en Vigo-, que morreron en Afganistán esta fin de semana logo dun ataque talibán.

Á súa chegada á base que o Exército español ten na localidade pontevedresa de Figueirido, este martes á mañá, realizouse un acto relixioso en que participaron varios representantes institucionais da Xunta e mais do Estado.

Entre os membros do Goberno estaban o presidente, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana, así como as conselleiras de Política Territorial, María Xosé Caride, e de Sanidade, María Xosé Louro. Tamén asistiu o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais, estiveron presentes, entre outros, o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e varios ministros do seu executivo.


3/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: