Considera que se está a actuar con demasiada présa e lembra que logo vai ser moi difícil desbotar concesións xa outorgadas.
A asociación ecoloxista fixo público este luns un comunicado no que mostra o seu malestar coa elaboración do Plano Sectorial Eólico, que tramitou a Consellaría de Industria. Adega considera que o proceso está indo con demasiadas présas.
Como exemplo consideran ilóxico que se abra a poxa ás industrias antes de que se aprobe o Plano Eólico. Adega advirte que, unha vez repartidas as concesións, as empresas van ter uns dereitos que van facer moi complicado que Industria, Medio Ambiente e Política Territorial poidan desbotar proxectos con concesións previamente outorgadas.
Adega lembra que, a diferenza doutras concesións, no caso da enerxía eólica as autorizacións son indefinidas xa que “por máis que poida sorprender, o vento non é de dominio público aínda que tampouco é de ninguén”.
Poden ler no Canal Verde o comunicado íntegro de Adega