Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TENSIÓN EN ORIENTE MEDIO

Un suposto mísil dos EUA causa 10 mortos en Paquistán

Dende comezos de setembro houbo case 20 ataques de posíbeis avións estadounidenses non tripulados, mais o deste venres é o primeiro logo das eleccións.

Redacción - 18:10 07/11/2008

Ocorreu nunha rexión paquistaní fronteiriza con Afganistán. Segundo os responsábeis de seguridade daquel país, un mísil de orixe estadounidense foi o causante da morte de 10 persoas. Até o de agora e dende setembro rexistráronse case 20 ataques deste tipo, porén este é o primeiro despois da celebración dos comicios electorais. Ao parecer, o proxectil dirixíase a Waziristán, zona convertida nun santuario de Al Qaeda e os talibáns na fronteira.

Da súa banda, Paquistán asegura que os ataques non só violan a súa soberanía, senón que mesmo son contraproducentes no seu intento de loitar contra os integristas autores da violencia tanto no seu país como en Afganistán. Ademais, o goberno paquistaní, aliado dos EUA, di que estas acometidas prexudican a súa campaña para poñer a opinión pública da súa parte. Mentres, os Estados Unidos quitáronlle ferro ao asunto, sostendo que os ataques son necesarios para protexer as tropas estadounidenses en Afganistán e matar aos talibáns membros de Al Qaeda que as ameazan.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: