En leis e plans de residuos, alén da reciclaxe e reutilización, a "redución" é dos tres R o máis esquecido. Os ecoloxistas convocan venres e sábado unhas xornadas para analizar os desafíos neste eido.
O evento combina exposicións teóricas con experiencias prácticas. No primeiro caso, haberá relatorios sobre ética da redución, publicidade e consumismo, educación ambiental e outros asuntos. No plano práctico, participarán entre outros a Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e diversos colectivos ambientais.
A Federación Ecoloxista Galega organiza estas Xornadas sobre Redución de Residuos, que terán lugar os días 7 e 8 de novembro no auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.