Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO RURAL

A creación do Rexistro de Explotacións fará máis visíbel o papel das mulleres

Este instrumento, que entrará en vigor en xaneiro de 2009, facilitará a aplicación de axudas e fomentará a titularidade compartida das instalacións.

Redacción - 19:00 30/10/2008

Co comezo do 2009, as explotacións gandeiras deberán figurar nun rexistro único galego, unha listaxe a xeito de arquivo que permitirá coñecer cunha ampla base de datos a situación social do noso sector agrario. O Consello da Xunta deu o visto bo ao decreto de creación e regulamento deste listado, que recibirá o nome de Rexistro de Explotacións Agrarias de Galiza. Nel deberán figurar tanto as granxas prioritarias (as que se adican a tempo completo á actividade agrogandeira) como as que non dispoñen de tal cualificación.

Entre os beneficios que detalla Medio Rural, este instrumento facilitará a aplicación da xestión das axudas destinadas ao sector, grazas a homoxeneización dos datos, o que, á súa vez, permitirá unha actualización permanente. Incluirase así detalles sobre as características particulares de cada explotación ou a súa clasificación por orientacións produtivas. Deste xeito, disporase de información obxectiva que determine as condicións que reúnen para seren destinatarias de axudas públicas, garantirase a eficacia do sistema de xestión destas subvencións e facilitaranse as relacións entre a administración e as persoas administradas.

Ademais, o rexistro contribuirá a avaliar a situación social do sector, fundamentalmente como un indicador das medidas de igualdade laboral entre homes e mulleres, ou de incorporación da mocidade á actividade agraria. Asemade, nace co obxectivo de fomentar a titularidade compartida das instalacións, o que contribuirá a visibilizar o papel das mulleres.


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: