Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobado no Senado

Os veciños d'As Portelas poderán ir ao médico a Verín

Autorizan o convenio entre Galiza e Castela e León que elimina os obstáculos burocráticos para a atención dos veciños da zona galega da provincia de Zamora.

Redacción - 12:15 30/10/2008

Por unanimidade, o Senado outorgoulle beizón esta semana ao convenio entre os gobernos de Galiza e Castela e León que estabelece un regulamento para a asistencia sanitaria aos veciños das áreas limítrofes. Deste xeito, Galiza poderá prestarlle a estes veciños asistencia en atención primaria, especializada, saúde mental, transporte sanitario, urxencias e atención sociosanitaria. Elimínanse así os obstáculos para que a xente da zona sexa atendida polos servizos sanitarios de cadansúa beira da fronteira. De xeito específico, a Xunta pon o Hospital de Verín a disposición dos residentes nestes concellos galegos da parte de Zamora.


Vai para cinco anos que en Vieiros lles contamos do caso dunha muller de Barxacoba, no Concello d'As Pías, que padecía unha grave doenza e á que a burocracia lle obrigaba a facer 170 quilómetros para ir a Zamora ao hospital, tendo xa daquela apenas a 50 km o hospital de Verín. Á beira, a paciente, falante de galego, queixábase da dificultade na interlocución cos médicos casteláns.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: