Publícase na rede outra peza en 'touriñés', con imaxes do filme 'A vida de Brian' e que ten a Touripedia como principal fonte de inspiración.
Despois do éxito do primeiro vídeo en touriñés, que se autopropuxera candidato aos Premios Nacionais da Cultura, aparece no YouTube a súa secuela. Nunha peza tamén inspirada no filme A vida de Brian, o presidente da Xunta, encarnando a César, protagoniza un discurso ás masas cargado da súa peculiar linguaxe.
O vídeo, duns dous minutos de duración, é un compendio dalgunhas das últimas achegas da Touripedia, a fonte de referencia dun idioma moi minoritario, con frases míticas como "Galiza participa nun coito coma un na tarta do estado".