Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na MEMORIA

A anulación do xuízo sumarísimo contra Bóveda, unha débeda histórica

O Congreso aprobou en 2006 unha iniciativa do BNG para rehabilitar a súa figura. Porén, a última palabra tena o exército español.

Redacción - 09:00 27/10/2008

En marzo de 2006 o Congreso español daba un primeiro paso para rehabilitar a figura de Alexandre Bóveda. Naquelas datas, todos os partidos, agás o PP que optou pola abstención, apoiaron unha iniciativa do BNG que instaba ao executivo español a “promover a rehabilitación institucional, moral, xurídica e persoal de Alexandre Bóveda, fusilado por defender a legalidade democrática e as aspiracións de autogoberno de Galiza”.

O obxectivo último da iniciativa parlamentaria era anulación do consello de guerra sumarísimo ao que foi sometido o dirixente galeguista e que lle acabou custando a vida. O daquela deputado do BNG Francisco Rodríguez lembra que non chegou a levarse a cabo a anulación daquela sentenza por falta de lexislación. Porén, considera que agora si pode conseguirse isto.

Nesta liña atópase a Fundación Alexandre Bóveda, que ten pensado retomar a batalla para conseguir que dunha vez por todas poida revisarse aquela sentenza. O exército español, institución que xulgou a Bóveda, terá que ser quen inicie os trámites para conseguir a reparación histórica.

A pasada semana, o Partido Galeguista anunciou que ía dirixirlle un escrito ao xuíz Baltasar Garzón para que estude a anulación do xuízo contra Alexandre Bóveda.


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: