Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres Artur Mas se aproxima a ERC

Duran i Lleida aposta polo pacto CiU-PSC

O líder de Unió receitou para Cataluña un pacto "socioverxente", no 24º congreso do seu partido, que o reelixiu co 91% dos votos.

Redacción - 09:00 20/10/2008

Fronte á cita coas urnas en 2010, o presidente de Unió, Josep Antoni Duran i Lleida, subliñou este domingo a súa aposta pola receita da "socioverxencia", explicando que, na súa opinión, só un goberno pactado entre CiU e PSC podería garantir estabilidade e "recobrar credibilidade fóra e dentro de Cataluña". "É o mellor goberno que pode ter o país para tratar a relación con España, a falta de infraestruturas e o déficit fiscal", engadiu.

Trátase dun xesto que pode ser interpretado como estalicón de orellas para o líder de CDC e candidato de CiU, Artur Mas, desde cuxo sector non escatiman chiscadelas nos últimos tempos cara ao sector de ERC, en especial cara ao novo home forte de Esquerra, Joan Puigcercós. Fronte á estratexia de Mas de tratar de volver ao poder a través dun pacto CiU-ERC, o discurso de Duran, a quen a prensa catalá lle atribúe unha recente xuntanza privada co president José Montilla, reitera a súa predilección por un pacto CiU-PSC.

Máis: Vilaweb e Avui


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: