Once provincias andiantarán unha hora, mentres que as doce restantes manterán a hora actual. O cambio terá validez deica o 15 de marzo de 2009.
O adianto horario para a metade do país, que terá lugar este domingo, ten como fin diminuír tanto a potencia máxima como o consumo de enerxía eléctrica no país. Algunhas provincias opóñense debido a que sosteñen que o aforro de enerxía é mínimo, e que o cambio provoca dificultades á poboación.
As provincias que se adapten ao adianto quedarán ubicadas no fuso -2, e estarán desfasadas dúas horas do fuso que lles corresponde pola ubicación no globo. Deberán adiantar os seus reloxos en Jujuy, Formosa, Chaco, Tucumán, Santiago del Estero, Misiones, Corrientes, Entre Ríos, Córdoba, Santa Fe, e Bos Aires.
As exceptuadas de realizar o cambio son Catamarca, La Rioja, Mendoza, Salta, San Juan, San Luís, La Pampa, Neuquén, Río Negro, Chubut, Santa Cruz e Tierra de Fuego, Antártida e Illas do Atlántico Sur.