O maxistrado da Audiencia Nacional solicítalle formalmente ao goberno español que facilite datos de dirixentes falanxistas.
Listaxe de desaparecidos / ARMH
O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón declarouse este xoves competente para abrir un proceso que investigue os crimes que se cometeron durante a guerra civil e posterior ditadura militar. O maxistrado entede que as detencións ilegais sen dar razón do paradoiro encaixan no contexto dos crimes contra a humanidade, que non prescriben nunca. Porén, declara a extinción desta responsabilidade pola morte de 35 altos mandos do réxime franquista, comezando polo propio ditador e incluíndo os xenerais Mola, Yagüe e Queipo de Llano. Para confirmar a súa morte, para poder imputarlles o citado delicto, o xuíz solicita os certificados de defunción de todos eles.
O maxistrado tamén solicita formalmente ao goberno español os datos que identifiquen ao máximo número de dirixente falanxistas entre o 17 de xullo e o 31 de decembro de 1951 para dilucidar se se poden imputar ou se xa finaron.