Convite a todas as bitácoras do planeta a publicar este mércores reflexións sobre este mal.
Se mantén vostede un espazo blog onde deixar as súas reflexións, o Día Mundial de Acción Blog convídao este mércores 15 de outubro a a publicar un artigo, falangullo ou vídeo que trate sobre a pobreza. É a idea que propoñen este ano os colectivos convocantes dunha xornada que pretende buscar a coordinación de internautas de todo o mundo arredor de centros de interese concretos.
A convocatoria comezou a realizarse hai xa dous meses e desde aquela algo máis de 10 mil bitácoras rexistráronse confirmando a súa vontade de participar este mércores na iniciativa. A audiencia estimada das reflexións conxuntas que todos eles farán é de case 11 millóns de lectores. Ademais, o convite chama aos blogueiros que reciban ingresos polo seu traballo en rede a doaren unha parte das súas ganancias en publicidade a algunha asociación comprometida coa loita contra a pobreza.
Para remexer nas bitácoras do país: