Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"Non é por presumir"

Feijoo: "Hai moitos políticos que falan de galego e o primeiro que tiñan que facer é aprendelo"

"Non se impoñen as linguas, as linguas (sic) se queren", di o presidente popular, que afirma ademais que "toda a xente do PP sabe galego".

F. A. - 18:15 14/10/2008

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, volveu repetir por enésima vez que suprimirá o decreto do galego no ensino -"decreto de Touriño e Quintana", nas súas palabras- unha vez chegue á Xunta. "Ese decreto (sic) o vamos a derogar",

A postura do partido neste tema é ben coñecida: apoia o Plan de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade estando Manuel Fraga na Xunta e considerado daquelas como pouco ambicioso; e rexeita a norma impulsada polo actual Goberno para fomentar o uso da lingua entre os máis cativos na escola.

No entanto, esta visión pode resultar en determinados momentos algo ambigua. Nunha visita a localidade de Xunqueira de Ambía, o dirixente popular afirmou que "hai moitos políticos que falan de galego, e o primeiro que tiñan que facer é aprender galego".



Aínda que precisou que "non é por presumir", Feijoo sinalou que "en todas as provincias de Galiza, toda a xente do PP sabe galego. Todos". Na súa intervención, de pouco máis de dous minutos, o líder do Partido Popular no noso país declarou entre outras cousas que "non se impoñen as linguas, as linguas (sic) se queren".


2,04/5 (27 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: