Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa nacional

O 65% dos casos de cegueira que hai en Nixeria teñen solución

Máis dun millón de habitantes non poden ver absolutamente nada, e máis de tres sofren algún tipo de discapacidade visual severa.

Redacción - 09:00 13/10/2008
Máis de catro millóns de persoas teñen problemas severos de visión en Nixeria

Máis de catro millóns de persoas teñen problemas severos de visión en Nixeria

Segundo revelou esta semana o goberno de Nixeria, máis dun millón dos seus habitantes son cegos e outros 3,1 millóns teñen algún tipo de discapacidade visual. O país africano conta cunha poboación estimada de 148 millóns de persoas.

O informe, levado a cabo polo Ministerio de Sanidade entre 2005 e 2007, salienta que o uso de gafas resolvería por completo os problemas de visión no 50% dos casos, mentres a cirurxía poderíalle devolver a vista a outro 15%.

A diferencia entre os doentes que son homes e os que son mulleres non é salientábel, como tampouco o é a existente entre o medio rural e o urbano. Este último dato, confirma que os medios de prevención e de curación dos problemas oftalmolóxicos son igual de deficientes en todo o país.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: