Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLENARIO EXTRAORDINARIO

Jorquera sostén na apertura da Asemblea que o BNG soubo facer autocrítica

O coordinador executivo do Bloque afirma que o gran reto é ter un presidente nacionalista á fronte da Xunta.

Redacción - 12:25 05/10/2008
Tags:
Jorquera lendo o discurso de apertura da Asemblea

Jorquera lendo o discurso de apertura da Asemblea

 Logo dun forte debate interno que se iniciou en 2006, o BNG estrea este domingo a primeira asemblea por delegados da súa historia. Un total de 1.500 delegados, escollidos en asembleas comarcais, debaten o documento político que servirá de guieiro até a vindeira Asemblea Nacional (que se celebrará o vindeiro ano) e prepáranse para apoiar o único candidato que se postulou para ser cabeza de cartel nas vindeiras eleccións: Anxo Quintana.

Pouco despois das 11 da mañá, deu comezo a Asemblea Nacional extraordinaria. O coordenador executivo do Bloque, Francisco Jorquera, foi o encargado de abrir o plenario. O tamén deputado no Congreso deixou clara a meta da organización de cara ás vindeiras eleccións galegas: ter un presidente nacionalista.

Segundo Jorquera, o informe político que se debate este domingo foi analizado polas asembleas comarcais nas últimas semanas e a organización exerceu a autocrítica. Contra as voces internas que consideran que a militancia perdeu peso neste proceso asembleario, Jorquera sostivo todo o contrario. Segundo o dirixente nacionalista, o Bloque soubo diagnosticar os erros e os pasos adiante dos últimos anos. Para isto, fixo un balance das diferentes áreas da Xunta onde o BNG ten presenza.

O obxectivo dun novo Estatuto volveu ser un dos eixos centrais do discurso político. Jorquera reiterou que sen un Bloque forte non é posíbel un novo marco estatutario que recolla plenamente a identidade nacional de Galiza e dea novos instrumentos de autogoberno. Jorquera tampouco esquenceu a crise económica e as súas posíbeis consecuencias. Segundo o dirixente nacionalista “un BNG forte é a mellor garantía para defender os dereitos sociais e laborais dos traballadores”.


  • A asemblea en directo: a través de TeleBNG


1,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: