Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BALANCE

Medio Rural sostén que este foi o verán que menos monte ardeu dende 1995

O conselleiro Alfredo Suárez Canal considera que a colaboración dos cidadáns foi decisiva.

Redacción - 14:50 03/10/2008
Tags: lumes montes

Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, Galiza sufriu 1.011 incendidos que afectaron a 1.131 hectáreas. Logo de facilitar estes datos, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, salientou que “é o mellor verán da historia dende que existe información sobre incendios (1995)”. Sinalou que a superficie afectada polo lume reduciuse un 95% fronte á media do período 1995-2007.

Suárez Canal recoñeceu diante dos xornalistas que as condicións meteorolóxicas axudaron pero considera que “non é o único que explica a evolución dos lumes este verán”. O conselleiro cre que foi decisivo o dispositivo da Xunta e os novos protocolos de actuación. Dende Medio Rural consideran que tamén se fixo notar a “colaboración” e a “concienciación” da cidadanía.

Porén, o conselleiro quixo ser prudente ao afirmar que aínda que xa pasou a estación máis perigosa, aínda queda “moito camiño por percorrer até final de ano” e lembrou que a protección dos montes é “unha batalla de todos”.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: