O servizo de asesoramento lingüístico do compostelán Colexio de Avogados inaugura un glosario en rede para a resolución de dúbidas sobre terminoloxía neste ámbito.
O proxecto nace con arredor de 200 termos, que no vindeiro número da revista colexial Avogacía Compostelá, serán tamén publicados no papel, no espazo "A pé da letra", onde a publicación xa se viña ocupando de temas relacionados coa normalización lingüística.