Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dificultados no despregue do 'Africom'

Liberia é o único candidato a acoller o cuartel da forza militar dos EUA para África

Al-Qaeda é a escusa coa que o goberno estadounidense creou un comando especial para actuar en territorio africano, malia que atrás estarían intereses estratéxicos.

Redacción - 10:45 05/10/2008

"Non hai axenda oculta", declaraba aínda esta semana para a BBC o comandante William Ward, xefe da Africom, a forza que os Estados Unidos habilitaron para actuar en territorio africano. Ante os temores expresados nos últimos tempos sobre a posíbel cobiza sobre os recursos naturais do continente, fundamentalmente o petróleo, Ward rexeitou as acusacións e expresou que a intención do goberno estadounidense ten que ver, en exclusiva, coas preocupacións pola "seguridade" no continente africano.

O novo mando militar para África deseñado polos EUA botou a andar este mes de outubro e non con poucos problemas. O goberno Bush non conseguiu a beizón dos executivos de Marrocos, Alxeria e Nixeria para aloxar as instalacións do que sería o cuartel xeral desta forza militar. Así, inicial e paradoxalmente, o Africom ten sede en Alemaña, á espera dunha nova localización que, finalmente, podería ser Liberia, onde semella que estarían dispostos a aceptar as condicións estadounidenses.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: