Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Representantes comarcais

O BNG considera “histórica” a participación na elección de delegados para a Asemblea Nacional

Por outra banda, o portavoz nacional da formación nacionalista, Anxo Quintana, participa este domingo no 'Alderdi Eguna' do PNV.

Redacción - 20:00 27/09/2008
Asemblea comarcal en Ourense, este sábado

Asemblea comarcal en Ourense, este sábado

O secretario de Organización da Executiva do BNG, Alberte Ansede, considerou "histórica" a participación da militancia nas asembleas comarcales para elixir os delegados que participarán na Asemblea Nacional Extraordinaria do 5 de outubro. Este sábado, organízanse asembleas comarcais en Ourense, O Morrazo e A Mariña.

Ansede destacou que a participación está sendo "superior" á do resto de asembleas, o que demostra o "alto nivel" de implicación dos militantes da organización. Así mesmo, subliñou o apoio "masivo" ao informe de avaliación política e de obxectivos electorais do BNG por parte dos afiliados.

Para rematar, o nacionalista anunciou que Anxo Quintana -que este domingo participa nas celebracións do PNV no Alderdi Eguna (Día do Partido)- será o único candidato do BNG á Xunta, logo de contar co aval de 3.332 afiliados e superar o mínimo de 300 requerido regulamentariamente. "É a única organización política en que a militancia elixe o candidato á presidencia", destacou.

Vigo e Lugo
A Asemblea Comarcal do BNG en Vigo elixiu este venres á noite un total de 111 delegados para a Asemblea Nacional, nunha lista única encabezada polo ex responsábel local Xavier Paz, que foi referendada con 139 votos a favor; ademais, houbo un voto en contra e unha abstención.

Na lista tamén figura o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, así como outros edís nacionalistas vigueses, o ex rexedor Lois Pérez Castrillo, a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán; o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato; o delegado provincial de Vivenda, Eudosio Álvarez; ou o actual rexedor de Gondomar, Antón Araúxo; entre outros.

Tamén a comarca de Lugo escolleu os seus 86 delegados para a Asemblea, nunha "lista de consenso que integra as distintas sensibilidades existentes dentro da formación nacionalista", segundo informou o BNG nun comunicado. A candidatura está encabezada polo responsábel de Política Municipal, Xosé Manuel Becerra.


3,82/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: