Co seu traballo os lumes reducíronse un 80 por cento nun ano na reserva dos Kayapó, a zona onde actúan.
Esta semana o líder indíxena cacique Raoni presentou os resultados da primeira brigada de bombeiros indíxenas brasileiros ante o ministro de Meio Ambiente de Lula, Carlos Minc.
Ante os eloxios do político (quen dixo que vai estender esta iniciativa a outras comunidades), o cacique Raoni revelou que os incendios se reduciron nun 80 por cento dende o mesmo período de 2007 na reserva dos Kayapó, a zona onde actúa esta brigada dende 2006, situada na divisa dos Estados dw Mato Grosso e do Pará. En total protexen unha área de 11,2 millóns de hectáreas.
Como funciona a brigada indíxena anti-incendios
dende hai dous anos a brigada indíxena anti-incendios funciona regularmente na reserva dos indios Kayapó. Alí os habitantes son adestrados polos bombeiros en tres cursos de 45 días cada un, e aprenden leccións de primeiros auxilios, a confeccionar bombas contra o lume e outros instrumentos para apagar focos de incendio. Para apagar o lume os indios non empregan os modernos enxeños dos bombeiros, que se exportan do Canadá, senón que confeccionan os seus propios con tapetes de goma usados na construción de automóbiles, e con cabos das vasoiras.
Na brigada participan un total de 35 indíxenas de diversas etnias que, a partir de agora e baseándose na súa experiencia, han ensinar aos habitantes das súas aldeas as técnicas que coñecen para apagar o lume. Segundo dixo o cacique Raoni, o aprendido axudará aos máis novos a conservar o monte: a área na que viven está composta por tres importantes zonas de biomasa: a Amazonia, o bosque Andino.a e o Cerrado.
"Como eles começaram, têm que continuar para treinar os mais jovens e ensinar sobre os riscos do fogo e a cuidar bem do território. O trabalho na defesa da floresta é importante, mas também é preciso trabalharmos na área de vigilância e segurança, porque ainda ocorrem invasões", pediu o cacique. Ao terminar a xuntanza, o ministro Minc comprometeuse a pedirlle axuda ao ministro da Defesa brasileiro, Nelson Jobim.