Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita polo tráfico aeroportuario

Portugal dálles voltas ás liñas de baixo custe en detrimento de Galiza

Un estudoso sobre o sistema aeroportuario do Norte de Portugal e Galiza aposta por gañar vantaxe competitiva a través do Sá Carneiro.

Redacción - 14:20 22/09/2008
O metro do Porto chegando ao Sá Carneiro / Flickr: ruivilela

O metro do Porto chegando ao Sá Carneiro / Flickr: ruivilela

O xornal portugués Público publica esta segunda feira unha entrevista con João Marrana, profesor da Universidade Portucalense e co-autor dun estudo sobre o sistema aeroportuario do Norte de Portugal e de Galiza, na que volven debater sobre a importancia de ter unha base con liñas de baixo custe no Sá Carneiro, o aeroporto do Porto.

Segundo conta Marrana, é preciso que o aeroporto do Norte de Portugal consiga varias bases de liñas de baixo custo ou low-coast, referíndose especialmente á da empresa Ryanair, o que lle daría unha forte vantaxe competitiva sobre os aeroportos galegos. O único problema que atopa o profesor portugués é o que aumentarían as taxas ao darlle cabida a esta aeroliña no Porto e as negociacións serían difíciles, pero, polo demais, todo serían cousas boas como "crear unha relación máis estábel dende o punto de vista de chegada de pasaxeiros".

"Calquera aeroporto galego faría de todo por ter esa base"
João Marrana contesta cun simple "con toda certeza" cando lle preguntan se "cualquer aeroporto galego faria tudo para ter essa base". Para Marrana, que os galegos teñan unha base fixa de Ryanair daríalles maior beneficio, posto que en relación aos aeroportos portugueses, "a capacidade dos aeroportos galegos está mais limitada". Neste sentido, o profesor portugués salienta que o aeroporto de Vigo ten "uma pista muito pequena" e aínda que o de Santiago "o maior da Galiza, tem uma capacidade maior", o do Porto ten "a duas horas de distância, seis milhões de habitantes, o que na Galiza não é possível em lado nenhum". Porén, a única vantaxe que lle ve este experto aos nosos aeroportos en detrimento do Sá Carneiro é a "maior capacidade financeira para viajar" que hai en Galiza, en relación co Norte do Portugal.

A alta velocidade Vigo-Lisboa
Marrana tamén é preguntado, nesta entrevista, pola necesidade de vertebrar unha boa infraestrutura ferroviaria entre Vigo e Lisboa, ao que el contesta que é totalmente necesaria e que debe estar preparada para a alta velocidade. O experto portugués, quen xa se amosou varias veces defensor deste eixo ferroviario no norte da península, ve o TAV Vigo-Liboa esencial para alimentar, ademais, o aeroporto Sá Carneiro. Mais tamén ten outras vantaxes, segundo Marrana, alén da aeroportuaria, como crear un "desenvolvimento sustentável" preciso entre os dous países.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: