Foi desactivada polos Tedax. O explosivo detectouse no coche particular dun axente cando entraba con el na Xefatura Superior de Policía da capital vasca.
Axentes da policía española detectaron na tarde desta terza feira unha bomba lapa cun quilo de cloratita no automóbil particular dun axente, cando este entraba co seu vehículo na Xefatura Superior de Policía de Bilbao.
Segundo fontes policiais, o axente percorreu 10 quilómetros coa bomba no seu automóbil, no camiño do seu domicilio particular ao predio da policía. Ao chegar á Xefatura, no barrio bilbaíno de Basauri, o explosivo foi detectado e, a seguir, desactivado.