Explicar a un público amplo temas científicos non é doado, pero a xornalista Kate McAlpine conseguiuno e, de paso, converteuse nunha estrela do portal de vídeos YouTube.
O funcionamento dos aceleradores de partículas na letra dun rap
O vídeo que converteu á xornalista estadounidense nun fenómeno de Internet explica a través dun rap, en linguaxe profano, o funcionamento do Acelerador de Partículas que está a piques de inaugurarse no laboratorio do CERN.
"Large Hadrom Rap" gustoulle tanto aos científicos do CERN que permitiron á xornalista gravar un videoclip nas instalacións do laboratorio. Unha vez subido a YouTube, o clip obtivo un gran éxito con case un millón de visitas.
No vídeo altérnanse imaxes da xornalista e varios amigos seus bailando polas instalacións do CERN e debuxos e gráficos explicativos sobre o que se vai "rapeando". Deste xeito, a xornalista foi quen de aproximar o complexo mundo da ciencia a amplos públicos dun modo moi ameno e imaxinativo.
FWWWRANDO