Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Captar investimentos"

Unha delegación da Deputación de Lugo viaxará en setembro a Latinoamérica

"É unha viaxe electoral que se vai financiar co diñeiro de todos os lucenses", denuncia o PPdeG, que a vincula cun adianto dos comicios.

Redacción - 11:05 28/08/2008
Gómez Besteiro

Gómez Besteiro

O presidente do PP de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, acusou esta cuarta feira o presidente da Deputación, o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro, de ir a Latinoamérica "buscar votos" para o PSdeG.

Unha delegación da Deputación, que encabezará Besteiro, viaxará a Uruguai, Arxentina e Venezuela, do 7 ao 13 de setembro, para "buscar novos mercados internacionais e captar investimentos", segundo explicou a vicepresidenta Lara Méndez.

No entanto, Barreiro asegurou que "aí ao que van é a tratar de conseguir votos para o PSOE de cara ás próximas eleccións autonómicas". "Esta é unha viaxe electoral que se vai financiar co diñeiro de todos os lucenses e faise, ademais, nun momento en que se vive a maior crise económica da historia democrática deste país", aseverou.

Confirmación do adianto electoral
O tamén portavoz do PPdeG na Deputación de Lugo vinculou este desprazamento ao adianto electoral, xa que considerou que as eleccións galegas convocaranse para o próximo outono.

Ademais, Barreiro insistiu en que nos últimos días, o vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, lle deu instrucións ao titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para que adiante as eleccións ao outono "e esas instrucións vénas concretar Zapatero porque vén visitar hoxe (por esta cuarta feira) algo que non existe".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: